Desde a APSOU estamos a organizar unha excursión a Cuenca con visita guiada, ademais de visitar a Cidade Encantada e Tarancón para coñecer o seu conxunto histórico e cultural.
A excursión realizarase desde o día 6 de setembro ata o 8 de setembro (3 días e 2 noites)
Prezo total: 315€ (inclúe hotel en pensión completa, guía oficial en Cuenca, autocar confort, seguro de viaxe e intérprete de LSE)
Prazo para apuntarse: 12 de agosto.
O pago pódese realizar tanto por transferencia bancaria como de maneira presencial en horario de apertura da asociación (desde as 09:00h ata as 14:00h)
Para calquera dúbida podedes contactar coa APSOU tanto por correo electrónico como de maneira presencial.
Importante:
Anéxanse os seguintes documentos:
¡ANIMAROS A PARTICIPAR!