Para os próximos 28 de xuño e 30 de xuño temos dúas novas actividades.

O venres 28 de xuño organizamos un roteiro do viño do Ribeiro á Adega Viña Costeira e ao Priorado de Razamonde.

Sairemos en autobús desde o Pavillón dos Remedios ás 16:00h.

A primeira parada será na Adega Viña Costeira onde visitaremos a adega nova, as antigas covas e faremos cata dun viño.

A segunda parada será no Priorado de Razamonde onde visitaremos as viñas, a adega e teremos unha cata comentada de tres viños con tapas.

Ás 21:00h está programada a volta en autobús ao Pavillón dos Remedios.

O domingo 30 de xuño organizamos un Roteiro Panorámico en catamarán pola Ribeira Sacra, polo Cañón do Sil.

A saída en autobús está programada desde o Pavillón dos Remedios ás 09:45h.

O roteiro no catamarán empeza ás 11:30h e ten unha duración de 2h.

A volta en autobús ata o Pavillón dos Remedios está programada para as 14:00h.

O prezo do roteiro do viño é de 30 euros e o prezo do roteiro en catamarán é de 25 euros. Pódese elixir un roteiro só ou as dúas. O prazo para apuntarse finaliza o luns 27 de maio (amplíase ata o mércores 12 de xuño).

Só poden participar socios e socias de asociacións afiliadas á CNSE.

Adxunta á noticia está a folla de inscrición co número de conta.

Lembra que nesta páxina web podes atopar tamén a folla de inscrición da comida do 50º Aniversario da APSOU con toda a información, os prazos e o número de conta.

Para calquera dúbida podes poñerche en contacto coa APSOU.

Anéxanse os seguintes documentos:

ANIMARVOS A PARTICIPAR!

Difusión