O 29 de xuño celebramos na APSOU o noso 50º Aniversario no Balneario de Laias cunha xornada bonita e lúdica.
Pola mañá teremos un acto institucional con autoridades, no que haberá tamén vídeos de homenaxe, entrevistas e sorpresas.
A comida contará co seguinte menú:
Poderán participar socios e socias de asociacións afiliadas á CNSE.
É importante que se ides a participar que se poña a necesidade dalgún menú especial (vegano, vegetariano, etc.) ou se se ten algunha alerxia alimentaria.
O autobús Ourense-Lais e Laias-Ourense será gratuíto, hai que marcar na inscrición cunha X.
O prezo da comida é de 65 euros se se fai a inscrición antes do 3 de xuño e de 75 euros se se fai a inscrición desde o 4 ao 10 de xuño.
Ademais de todo, existe a posibilidade de reservar aloxamento no Hotel Balneario de Laias coa seguinte oferta: Cuarto dobre con almorzo + 2 h. de acceso a piscinas. Prezo: 95 euros.
En caso de estar interesados/as cada un/a ten que facer a reserva pola súa conta directamente ao número 988280409 e dicindo que participa no 50º Aniversario da APSOU.
Haberá moitas sorpresas ao longo do día e despois da comida haberá festa-discoteca con música, sorteos e mesa doce incluídos no prezo.
As bebidas na festa-discoteca correrán a cargo de cada un/a.
Anéxanse os seguintes documentos:
ANIMARVOS A PARTICIPAR!