Foto Información sobre o Día Internacional das Persoas Xordas

O vindeiro sábado 30 de setembro é un día moi importante xa que se celebrará en Madrid o Día Internacional das Persoas Xordas. Celébrase este ano en Madrid xa que este ano se cuemplen dez anos da lei do recoñecemento da lingua de signos.

Por iso a APSOU ofrece a posibiildad de:

  • Hotel e autobús será 70 euros.
  • autobús será 40 euros.

Seguro que xa sabedes que o Día Internacional das Persoas Xordas temos que ir todos/as de branco e casualmente a APSOU ten á venda estas camisetas brancas.

O plan é o seguinte: sairemos desde Ourense a madrugada do 30 de setembro ata Madrid e alí participaremos en todas as actividades. O 1 de outubro sairemos desde Madrid cara a Ourense pero aproveitaremos para parar e facer turismo por Ávila.

Non te esquezas que o prazo é ata o 4 de agosto.

É unha oportunidade moi importante para comprometernos cos nosos dereitos e o Día Internacional das Persoas Xordas é a opotunidad perfecta.

Achéganse os seguintes documentos:

Cartel

Programa

Reserva de museos accesibles

ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR!

Difusión