Foto VI Gran festa de Samaín

O vindeiro sábado 29 de outubro celebrarase a VI Gran Festa de Samaín na APSOU.

Ás 8 da tarde abriranse as portas da APSOU e ás 9 da noite empezará o túnel do terror no que se incluirá unha bebida.

Este ano o prezo para os/as socios/as da APSOU con disfrace, a entrada é gratuíta e sen disfrace, son 2 euros. Os/as socios/as afiliados/as a outras asociacións con disfrace, a entrada é tamén gratuíta e sen disfrace, 2 euros. Os/as nenos/as que acudan con disfrace poden participar gratis.

Para a festa cada un debe traer unha cruz por exemplo a que se mostra no vídeo, pero pódese traer calquera, feita de cartón, de madeira, etc.

Haberá moitas tapas das que poderedes gozar e ofertas inigualables.

Achéganse os seguintes documentos:

Programa

VAI A SER UNHA NOITE TERRORÍFICA! ANIMÁMOSVOS A QUE PARTICIPEDES! !VÉMONOS O DÍA 29!

Difusión