Foto APSOU

O vindeiro sábado 22 de outubro a APSOU realizará unha Andaina Solidaria organizada pola Delegada de Cultura. O punto de encontro será ás 10 e media da mañá no Concello de Ourense. A partir de aí empezará a andaina pola casco antigo ata A Valenzá pola ruta do "Camiño Mollado". Serán un total de 10 km aproximadamente.

A comida celebrarase nun restaurante da Valenzá cuxo menú é o seguinte:

  • 1. Tortilla
  • 2. Churrasco mixto (porco e tenreira), patacas, ensalada e criollo
  • 3. Sobremesa ou café (a elixir un)
  • Bebida incluída (a elixir)

O prezo do menú é 12 euros.

O prazo para inscribirse finalizará o 19 de outubro. Tedes unha lista na APSOU para apuntarse. Aconséllase levar unha botella de auga e unha camiseta branca.

ANIMARVOS A PARTICIPAR!

Difusión