- Detalles
-
Publicado: 20 de xuño de 2016

O 2 de xullo a APSOU celebra o seu XLII Aniversario e para celebralo organizamos as seguintes actividades:
- Pola mañá ás 11:00h iremos ata Cea a visitar o forno museo do pan, onde nos explicarán a súa historia e veremos un forno en funcionamento actualmente. Despois iremos ao Mosteiro de Oseira onde cun guía e unha intérprete faremos unha visita guiada.
- Pola tarde ás 17:30h contaremos coa visita na APSOU da FAXPG para a realización dun foro de preguntas.
- Unha vez finalizado o foro haberá viño español e tapas.
O prazo máximo para inscrición é ata o martes 28 de xuño.
Feliz XLII Aniversario!