Desde a Asociación de Personas Sordas de Ourense, achegámosvos o programa e inscrición do XIII Encontro de Persoas Xordas, Xordocegas e Alumnos/as dos Cursos de Comunicación en LSE, organizado pola APSOU. Este ano realizarase unha visita á Illa de Cortegada, así como unha ruta guiada e unha degustación de viño nunha adega da zona.
Doutra banda, gustaríanos que fixésedes unha gran difusión entre socios/as, familiares e calquera persoa que queira gozar dun día agradable e divertido, xa que a participación é aberta. O encontro realizarase o sábado 14 de maio, sendo o prazo máximo de inscrición e pago do mesmo, ata o luns 9 de maio. Tanto o formulario como o recibo de pago pódense enviar ao correo electrónico asociacion_personas_sordas_ou@hotmail.com ou entregar persoalmente na APSOU, r/ Ramón Cabanillas, 6, baixo e entreplanta, Ourense. Toda a demais información está reflectida no programa do encontro.
Máis información no vídeo signado: www.faxpg.es
Achéganse os seguintes documentos: