QUE É O/A INTÉRPRETE DE LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA E GUÍA INTÉRPRETE? |
Defínese como aquel ou aquela profesional competente na Lingua de Signos Española e a(s) lingua(s) orais da súa contorna, de tal forma que fai de ponte de comunicación entre todos/as os/as interlocutores/as que interveñen nunha situación comunicativa concreta, asegurando a comprensión entre eles/as.
En ningún caso o/a intérprete exerce accións de defensa, consello ou orientación. O seu labor regúlase a través do código ético cuxos principios fundamentais son a confidencialidade, neutralidade e fidelidade.
A través dos/as intérpretes de lingua de signos elimínanse as barreiras de comunicación coa que se atopan tanto as persoas xordas e sordociegas como as persoas oíntes con códigos de comunicación diferentes, facilitándolle ás persoas xordas o acceso á información en lingua de signos (como lingua propia da súa comunidade) e así poder integrarse na sociedade con independencia e autonomía, sendo está fundamental para a súa integración social, académica, laboral e cultural.
PARA SOLICITAR UN SERVIZO O/A USUARIO/A FACILITARÁ OS SEGUINTES DATOS: |
Nome, apelidos, DNI, data do servizo, hora, lugar, dirección, cidade, tema do servizo, duración aproximada.
SOLICITUDE DUN SERVIZO DE INTERPRETACIÓN: |
Cando se necesite contar cun/unha Intérprete de Lingua de Signos Española ou Guía Intérprete para persoas sordociegas, o/a usuario/a poderá facelo de forma gratuíta, por unha das seguintes vías:
Todos os servizos e especialmente os de fóra de horario, se é posible, deben ser solicitados con dous días de antelación.
HORARIO LABORAL DO/A INTÉRPRETE DE LSE E GUÍA INTÉRPRETE: |
![]() |
Intérprete de LSE e Guía Intérprete |
Horario de inverno:
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres |
08:30 a 14:30 | 08:30 a 14:30 | 08:30 a 14:30 | 08:30 a 14:30 | 08:30 a 14:30 |
Horario de verán:
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres |
08:30 a 14:30 | 08:30 a 14:30 | 08:30 a 14:30 | 08:30 a 14:30 | 08:30 a 14:30 |
FINANCIADO POR: |
CONTACTO: |
Departamento de Intérpretes de LSE e Guías Intérpretes
Asociación de Personas Sordas de Ourense
r/ Ramón Cabanillas, 6 baixo e entreplanta. 32004 Ourense
Teléfono: 988 36 60 12 - Móbil: 690 64 47 67
E-mail: silse@apsou.org