QUE É O/A AXENTE DE DESENVOLVEMENTO E PROMOCIÓN?

O/a Axente de Desenvolvemento e Promoción será a persoa encargada de deseñar as actividades obxecto de intervención social, cultural, etc. xa que como profesional intégrase en institucións que promoven e traballan con servizos sociais, dentro dun grupo interdisciplinar.

O seu traballo ten como fin último lograr a accesibilidade universal de acordo coa lexislación vixente en materia de accesibilidade. Dentro da APSOU promoverá a cultura, lingua e identidade das persoas xordas, sensibilizando á sociedade en xeral eliminando barreiras.

Funcións:

  • Buscar recursos adaptados ás persoas xordas ou promover a adaptación dos xa existentes.
  • Realizar actividades de difusión e sensibilización sobre a identidade das persoas xordas, a comunidade xorda e a lingua de signos.
  • Deseñar e executar actividades de lecer e tempo libre accesibles.
  • Impulsar as condicións necesarias que faciliten a igualdade das persoas xordas e a súa participación na vida política, cultural, económica e social.
  • Concienciar á sociedade sobre os intereses e necesidades das persoas xordas, sobre todo no que incumbe ás barreiras de comunicación.
  • Fomentar o movemento asociativo de persoas xordas, como medio para esixir os seus dereitos.
  • Fortalecer a autonomía individual, autoestima e identidade das persoas xordas.
HORARIO LABORAL DO/A AXENTE DE DESENVOLVEMENTO E PROMOCIÓN:
Foto APSOU

Axente de Desenvolvemento e Promoción

Horario de inverno:

Luns Martes Mércores Xoves Venres
09:00 a 14:00 09:00 a 14:00 09:00 a 14:00 09:00 a 14:00 08:00 a 15:00
16:00 a 19:00 16:00 a 19:00 16:00 a 19:00 16:00 a 19:00

Horario de verán:

Luns Martes Mércores Xoves Venres
08:00 a 15:00 08:00 a 15:00 08:00 a 15:00 08:00 a 15:00 08:00 a 15:00
CONTACTO:

Departamiento de Promoción, Formación e Sensibilización
Asociación de Personas Sordas de Ourense

r/ Ramón Cabanillas, 6 baixo e entreplanta. 32004 Ourense
Teléfono: 988 36 60 12
E-mail: promocion@apsou.org

QUE É O/A EDUCADOR/A?

O/a Educador/a dentro da APSOU será encargado/a de apoiar a formación das persoas xordas, actuando como respaldo para aquelas persoas con maior dificultade para desenvolver un nivel de comunicación en lingua de signos.

Existe unha necesidade básica e fundamental, como é a educación e formación en lingua de signos, actividade que con este novo/a profesional poderán cubrirse, brindando ás persoas xordas a oportunidade de saber, coñecer, opinar e ser participes da súa vida diaria, como instrumento contra a discriminación e exclusión social.

Tamén ten como obxectivo facer chegar a lingua de signos á poboación en xeral, concienciando da importancia de aprender este idioma e a posibilidade de eliminar esta barreira comunicativa para o colectivo de persoas xordas.

Funcións:

  • Mellorar o nivel de lectoescritura das persoas xordas.
  • Ensinar a lingua de signos aos nenos e nenas xordos/ as e/ou maiores, con problemas auditivos, ou con outras diversidades funcionais engadidas á xordeira.
  • Promover a adquisición de habilidades sociais.
  • Evitar actitudes discriminatorias.
  • Incluír actividades formativas adaptadas ás persoas xordas que melloren a súa independencia.
  • Difundir e dar a coñecer a lingua de signos, a cultura e identidade das persoas xordas.
HORARIO LABORAL DO/A EDUCADOR/A:
Foto APSOU

Educadora

Horario de inverno:

Luns Martes Mércores Xoves Venres
09:00 a 14:00 09:00 a 14:00 09:00 a 14:00 09:00 a 14:00 08:00 a 15:00
16:00 a 19:00 16:00 a 19:00 16:00 a 19:00 16:00 a 19:00

Horario de verán:

Luns Martes Mércores Xoves Venres
08:00 a 15:00 08:00 a 15:00 08:00 a 15:00 08:00 a 15:00 08:00 a 15:00
CONTACTO:

Departamiento de Promoción, Formación e Sensibilización
Asociación de Personas Sordas de Ourense

r/ Ramón Cabanillas, 6 baixo e entreplanta. 32004 Ourense
Teléfono: 988 36 60 12
E-mail: formacion@apsou.org

FINANCIADO POR:

Foto Xunta de Galicia. Consellería de Economía, Emprego e Industria. Secretaría Xeral de Emprego Foto Fondo Social Europeo. Iniciativa Emprego Xuvenil. Unión Europea

Contratación subvencionada por a Consellería de Economía, Emprego e Industria, cofinanciada polo fondo social europeo e a iniciativa de emprego xuvenil nun 91,89% a través do programa operativo de emprego xuvenil.