Actualmente, a misión, a visión e os valores da Asociación de Personas Sordas de Ourense recóllense nos Estatutos e son os seguintes:

MISIÓN:

A APSOU ten como MISIÓN xerar as condicións que, tomando como base a identidade xorda e a súa diversidade, aseguren o desenvolvemento global das persoas xordas da provincia de Ourense en condicións de accesibilidade universal e igualdade de oportunidades.

VISIÓN:

Para alcanzar o seu obxectivo, a APSOU ten como VISIÓN ser a entidade de referencia na provincia de Ourense en:

  • A representación dos intereses das persoas xordas na provincia de Ourense.
  • A prestación de servizos de calidade na atención a persoas xordas da provincia de Ourense.
  • A defensa e conservación da Lingua de Signos Española.

VALORES:

A APSOU considera que todo o esforzo que se realice co fin de alcanzar os seus obxectivos debe estar baseado nos seguintes VALORES, que deben ser asumidos por todos/as os/as asociados/as da entidade:

  • Autonomía, independencia e protagonismo das persoas xordas.
  • Corresponsabilidade dos/as asociados/as.
  • Participación democrática e igualitaria entre homes e mulleres na toma de decisións da organización.
  • Implicación de todos os e as membros da entidade.
  • Eficacia e eficiencia.
  • Protagonismo das persoas xordas.
  • Respecto pola Comunidade Xorda.