Outro ano máis, a APSOU organiza a gran festa de Magosto para o vindeiro sábado 12 de novembro na APSOU, con apertura de portas e vermú ás 12:00h e comida ás 14:00h. O menú é churrasco, criollo, ensalada, castañas, sobremesa, bebidas e café.
O prezo da comida é de 10€ para socios/as de APSOU ou doutra asociación afiliada e de 5€ para nenos/as.
Pola noite cearemos bocadillo de chourizo por un prezo de 3 euros.
O prazo de inscrición finaliza o 9 de novembro. Podedes apuntarvos á comida do medidoa e á noite tamén, ou só ao mediodia, como prefirades.
Ademais aconsellámosvos vir disfrazados/as de avós/as de aldea galega.
ANIMARVOS A PARTICIPAR!