Foto APSOU

O próximo 31 de decembro a APSOU organiza a gran cea de Fin de Ano. A cea será ás 21:00h da noite co seguinte menú; lagostinos á prancha, vieiras, rolo de tenreira, sobremesa, bebida e café. O prezo é de 35 euros e o prazo para apuntarse finaliza o 23 de decembro. A champaña e as uvas están incluído no prezo. O pago pódese realizar mediante transferencia bancaria ou pago en efectivo presencialmente na APSOU. As persoas que participen deberán levar un agasallo para o xogo do amigo/a invisible.

Ademais o 1 de xaneiro a partir da 1 da madrugada organizaremos a festa de Aninovo, a entrada é de 3 euros e inclúe; cotillón para cada persoa, champaña e a elixir entre un refresco, un chopo ou un café. Haberá moitas sorpresas.

As medidas sanitarias a seguir serán as seguintes:

  • Hai que presentar o certificado de vacinación ao entrar, sen certificado non se poderá acceder.
  • A máscara e a hixiene de mans é obrigatoria.
  • Hai que manter a distancia de seguridade de 1,5 m, polo que haberá #aforo limitado.
  • Se tes síntomas ou estás enfermo/a non podes acudir.
  • A sala manterase ventilada en todo momento, así que acudide con roupa adecuada á ventilación.
  • Se as medidas sanitarias cambian ou nos obrigan a cancelar ou suspender esta actividade informarémosvos.
  • Tanto na cea de Fin de Ano como na festa de Aninovo haberá aforo limitado.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Difusión