Foto APSOU y FAXPG

O próximo 28 de setembro celebrarase en Ourense o Día Internacional das Persoas Xordas co seguinte programa:

  • 10:45h Punto de Encontro no Pavillón dos Remedios.
  • 11:00h Marcha Pacífica ata a Praza Maior.
  • 12:00h Actuación de banda de gaitas, intervencións das autoridades, lectura do manifesto e poesía en LSE.

As actividades da mañá estenderanse ata as 14:00h aproximadamente.

Pola tarde comezarán as actividades ás 16:30h con mimo, humor, teatro, zoa e moitas sorpresas.

Este día contará tamén cun servizo de canguro (sempre con control materno/paterno) de 12:00h a 14:00h e de 16:30h a 18:30h para que as familias tamén poidan gozar desta data tan sinalada.

Unha vez finalizadas as actividades na Praza Maior, a APSOU abrirá as súas portas para que podamos seguir gozando cunha chea de sorpresas.

Máis información en: www.faxpg.es

ANIMARVOS A VIR! NON VOLO PERDADES!

Difusión